Lamentablemente o montañismo galego vístese de loito, tras coñecer o falecemento este sábado de Benigno Villoch Salgueiro, deportista con licenza pola Federación Galega de Montañismo, pertencente ao CAR Marisqueiro, médico de familia e Xefe do Servizo Médico do Centro de Saúde de Cangas desde hai máis de 13 anos, mentras practicaba montañismo.
O tráxico suceso aconteceu cando Benigno, de 64 anos e residente en Vigo, facía unha ruta de montañismo acompañado doutra persoa en Espigüete (Palencia). Partiran o venres, xa que era unha afección que practicaba con moita frecuencia.
Por motivos que se descoñecen tivo unha caída desde unha altura duns cen metros ao redor das 14.00 horas do sábado. Tras producirse o accidente, alertouse ao 112 de Castela e León. O Grupo de Rescate Especial de Intervención en Montaña (Greim) da Garda Civil acudiu ao lugar para rescatar ao montañeiro, pero xa non foi posible facelo con vida.
A presidenta da FGM, Josefina Maestu, en nome de todo o montañismo galego, traslada o seu profundo pesar, dor e consternación aos seus familiares, compañeiros de traballo e a todo o colectivo do CAR Marisqueiro, consciente de que era un home moi querido, respectado e admirado. Descanse en Paz.
 
 

Federación Galega de Montañismo
Resumen de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase na túa navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo a comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.

Maís info sobre a nosa Política de Privacidade