986 20 87 58

¡Chámanos!

VIGO

Rúa Fotógrafo Luis Ksado nº17 - of. 10 - 36209

Marcos Naya e Alina Cimpeán gañan o VI Trail Vila de Padrón Desafío Vértice

O sábado 2 de setembro disputouse en Padrón a VI Proba da Copa Xunta de Galicia de Carreiras por Montaña, VI Trail Vila de Padrón Desafío Vértice, organizado polo club Vértice, en colaboración co concello de Padrón.
Na carreira absoluta, cun percorrido de 22 km (+1530 metros), con maior número de participantes, foi gañada, na categoría masculina, por Marcos Naya (Traileros Toxo&Birras), seguido por Adrián Rodríguez (Running Sport Trail) e Daniel Pazó (Atletismo Baiona). Na parcela feminina as tres primeiras posicións foron para Alina Cimpean (GTR Galáico Trail Run), Bea Barroso Pérez (Tribu Trail) e Rosa María Araujo Losada (Running Sport Trail).
Houbo tamén unha carreira curta de 13 km (+600 metros), así como distancias ofertadas ás categorías inferiores que oscilaron entre os 300 metros (Pelaouros); 1,4 km (Penedos); 2,5 (Picoutos) e 7,5 km, (+310 m.), (Cadetes). Paralelamente, celebrouse unha andaina de 13,5 km (+480 metros).
Satisfacción xeral dos participantes e organización ao rematar esta importante xornada. Podedes acceder aos resultados de cada categoría no seguinte ligazón: Club Vértice | Desafío Vértice (clubvertice.es)
Na páxina oficial do club organizador ofrecense unha grande cantidade de imaxes do evento pinchando en  VI Desafío Vértice 2023 – Fotocarlosgrafías – Google Fotos.
 

Suscríbete para estar al tanto de las noticias de la FGM

Responsable: Josefina Maeztu. Finalidad: Prestarte el servicio solicitado y contestar a las cuestiones planteadas Legitimación: Consentimiento del interesado aceptando la política de privacidad.
Destinatarios: Los datos no se cederán a terceros salvo en los casos en que exista una obligación legal. Derechos: Acceder, rectificar y suprimir los datos, como se explica en la información adicional.

Sign Up for Our Newsletter

Get weekly email containing tips about construction and everything relating with it

Zero spam. You can unsubscribe anytime

Skip to content