A I Proba da I Copa Xunta Galicia de Escalada en Idade Escolar do 2023, celebrarase en Vigo no Pavillón Polideportivo Municipal Valentín Bernández o sábado 10 de xuño. Estará organizada pola Federación Galega de Montañismo (FGM) e o Club Montañeiros Celtas, e conta co patrocinio do Concello de Vigo, a Deputación de Pontevedra, a Xunta de Galicia, Allianz Seguros e Terra Deporte Aventura.
Esta copa en idade escolar está dirixida aos e ás escaladores/as máis xoves, comezando polas promesas que son as e os prebenxamíns (6 e 7 anos), continuando polos/as benxamíns (8 e 9 anos), alevíns (10 e 11 anos), infantís (12 e 13 anos) e rematando na categoría cadete (14 e 15 anos). Todos/as eles e elas forman o futuro da escalada ern Galicia.
A proba está aberta a todos e todas os/as escaladores/as xoves federados/as dos clubs galegos adxcritos á FGM e deportistas doutras federacións autonómicas e países. Xa nalgunha ocasión tivemos deportistas doutras CC.AA e Portugal.
Esperamos a participación dun mínimo de cen deportistas chegados/as de toda Galicia. A competición desenvolverase durante a mañá en dúas fases diferenciadas, unha primeira de clasificación e unha segunda adicada as finais. Nas finais estarán os mellores e as mellores seis deportistas por categoría e xénero. A hora de comezo está prevista as 09.30 horas, as finais arredor das 12.30 horas e a entrega de premios as 14.30 horas.
Toda a información en: https://fedgalmon.gal/i-proba-da-i-copa-xunta-galicia-de-escalada-en-idade-escolar-2023/
Link para a inscrición: https://fgm.playoffinformatica.com/InscripcioWeb.php?idLliga=78
A entrada á competición e libre e de balde. Desexamos unha boa presenza de público que anime a estes/as xoves deportistas durante todo a competición.
Organizan:
Federación Galega de Montañismo
Club Montañeiros Celtas
Patrocinan:
Concello de Vigo
Deputación de Pontevedra
Xunta de Galicia
AON
Vigo Marine Services
Terra Deporte Aventura
Descubre máis desde Federación Galega de Montañismo
Subscríbete para recibir as últimas entradas no teu correo electrónico.