O montañero Cholo Fernández cumpliu cunha tradición que iniciou hai 19 anos e que esta vez serviu para conmemorar o 60 aniversario da Federación Galega de Montañismo.

Unha vez máis grazas Cholo!!!

Lonxe do mar, o máis lonxe do mar que se pode estar en Galicia. Por altura e probablemente tamén por distancia. A 2.127 metros sobre o nivel do mar está instalado xa o belén máis alto de Galicia. Trátase dunha idea que hai 19 anos puxo en marcha o montañeiro Cholo Fernández, residente na aldea de Vilanova, que é o punto máis alto dos habitados no concello da Veiga. Desde a súa casa partiu para facer un percorrido de varias horas ata coroar Pena Trevinca e deixar alí o belén. Como é costume tamén nos últimos anos, Cholo non estivo só. Acompañábanlle un grupo de afeccionados á montaña que quixeron compartir a experiencia. Esta vez, ademais, aproveitaron para conmemorar o 60 aniversario da creación da Federación Galega de Montañismo. Precisamente Fernández foi o autor do manifesto co que se quere poñer en valor aquel 23 de outubro de 1963, cando se constituíu en Vigo a entón Federación Galaica de Montañismo, que pasou despois a ser Federación Galega antes de chegar á súa nomenclatura actual.

Deixamos o enlace a nota de prensa:

https://www.lavozdegalicia.es/noticia/ourense/2023/11/27/belen-alto-galicia-instalado/00031701078707325486731.htm


Descubre máis desde Federación Galega de Montañismo

Subscríbete para recibir as últimas entradas no teu correo electrónico.

Federación Galega de Montañismo

Resumen de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase na túa navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo a comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.

Maís info sobre a nosa Política de Privacidade