Os días 7 e 8 de Outubro, tivo lugar unha salida do Equipo ENAG da FGM . O lugar elexigo esta vez foi na Serra da Peneda Geres, concretamente no Santuario da Peneda, no lugar de Gavieira, onde está situada esta Escola de Escalada.
O obxetivo desta saida foi practicar a escalada en parede de granito en terreo de autoprotección, combinando o progreso en escalada libre e artificial. Aquí abundan as fendas en estilo limpo, onde e necesario equipar con empotradores de todos os tamaños.

O pronóstico da meteo, era de tempo estable e soleado, pero con temperaturas moi altas, con máximas de máis de 30 grados.

O sabado eleximos a Vía Meadinha, 150 m 6a+/A2. É das primeiras vías abertas na parede e variada en estilos de escalada. Os dous 1º longos transcurren por un marcado diedro ancho, con tramos de offwith e o 4º longo e un tramo pequeno pero que discurre por un teito horizontal duns 6 metros aprox, forzado en libre cun grado de 7ª + ou A2. O 5º longo é espectacular e con gran ambiente, xa que sae por un terreo desplomado de artificial collendo toda a verticalidade da parede.
O día foi moi caluroso como pronosticaban, no segundo longo xa estaba a rocha moi quente, polo cal acabamos todos cos pés bastante doloridos.
Despois de rematar a vía, aproveitamos a baixada para refrescarnos nas pozas do río.
Na tardiña, coa sombra fixemos para rematar o 1º longo da Vía Comecocos 6ª+.

O domingo, a pesar de madrugar e poñernos a escalar as 9h, xa había moito calor ao non refrescar case nada pola noite.
Eleximos o 1º longo Directa a los Techos: 35 m 6b, tramo onde abundan os offwith e chimenea. Logo 1º (V+) e 2º ( 6c) da Vía S: esta vía é unha das xoias da escola. Para abrigarnos do sol baixamos a Fenda do teito do Vivac: A2. Esta fenda duns 15-17 m aprox surca todo o teito horizontal do Vivac. Cunha graduación de C2, obriga ao emprego de moitos microfriends e empotradores pequeniños para sua escalada.
En fin, moi boa fin de semana de escalada en fendas, a pesares da excesiva calor, que deixóunos os pes moi doloridos. A Peneda, para os amantes de escalada en fendas, coma sempre , nunca defrauda.

Tony Rodríguez
TD en Escalada e Alta Montaña.

 
 

Descubre máis desde Federación Galega de Montañismo

Subscríbete para recibir as últimas entradas no teu correo electrónico.

Federación Galega de Montañismo
Resumen de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase na túa navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo a comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.

Maís info sobre a nosa Política de Privacidade