(Rute, Córdoba)

O 15 e 16 de Abril de 2023 celebrouse en Rute, Córdoba, o Campionato de España de Carreiras por Montaña en Liña Individual e por Seleccións Autonómicas das categorías xuvenil, júnior, promesa e absoluta. Foron un total de 20 corredor@s galeg@s os que se desprazaron ata esta localidade cordobesa.

 A irmandiña puxo rumbo a Cabra o venres as 8:30, onde lle esperaría unha longa viaxe con hora estimada de chegada as 21:00 para cear e poder deitarse cedo, xa que os xuvenís e júnior competían ó día seguinte.

O sábado 15 pola tarde daba comezo sobre as 16:00 a proba xuvenil e júnior, unha carreira destacada pola alta temperatura o cal complicaría o seu recorrido polas montañas de Rute. Nela nos representaban diversos corredores.

Na categoría xuvenil recorrían unha distancia de 12,5 km con 800 metros de desnivel positivo. Nesta categoría representáronnos 3 corredores: Eloy Martínez (AC Castelos trail Club), Andrea Gómez (CDM  Vértice) e Julia Salvado (ACADE).

Na categoría júnior recorrían unha distancia de 14km con 890 metros de desnivel positivo. Nesta categoría representáronnos 2 corredores: Carlo Bao (Traileros Toxos e Birras) e Vicente Agulló (GTR Galaico Trail Run).

O domingo 16 pola mañá daba comezo a proba absoluta e promesa, onde os primeiro recorrerían unha distancia de 28 km con 1900 metros positivos a través de terreos moi variados, aumentando así a complexidade de xestionar a carreira. Os promesas recorrerían unha distancia de 22 km con 1400 metros positivos, na cal só teríamos unha única representación, Fabio Antonio González (Asesou).

Na categoría absoluta saíron un total de 14 corredores, dos cales algúns deles non tiveron a carreira que esperaban. Tivemos dous abandonos no equipo masculino (Marcos e Miguel) debido ó malestar corporal e muscular, e tres corredores mancados pero que conseguiron chegar ata a meta, un do equipo masculino, Daniel Pazó sufriu unha torcedura no nocello, Patricia Varela tivo sufriu unha caída e tivo que levar un punto no xeonllo e Mari Pombo corría toda a carreira co piramidal molestando sen permitirlle dar unha zancada estable e longa.  Finalmente a chegada a meta foi así:

A continuación deixo algúns comentarios dos nosos corredores e corredoras:

Patricia NoyaUnha gran experiencia na que aprendín e desfrutei un montón…dias de nervios, de ilusión e de querer facelo ben….unha mezcla de sensacions… Referente a carreira encantoume o percorrido….sorprendeume para ben, técnico e duro na que a calor dos últimos km me pasou factura pero na que vin contenta co resultado e coas miñas sensacións😊. Salin a dalo todo. Saber que había un equipo tan bo esperando por nos en cada punto de avituallamento fixo a carreira moito mais levadeira, era como un subidon enorme encontrarvos!🙌🤗

Grazas por poder rodearme dos mellores do trail galego, fixemos un equipo super chulo!.”

Patricia VarelaUnha carreira que aparentemente a primeira parte era fácil con pisteo pero que cando chegabas ó km 9 máis ou menos xa levabamos case 1000 positivos e que a partir de aí xa collimos a zona do cresteo, moi técnico e moi lento pero unha vez deixado atrás a carreira volveuse moi rápida ata que houbo unha última subida no km 26 de 300 positivos e despois xa todo baixar ata a meta. A verdade que a desfrutei moito sobre todo no final que cheguei con moita forza.”

Eloy Martínez “A carreira empezou moi rápido en subida e tentei conseguir un bo posto co cal me puxen no top 20 da maraña de corredores antes de chegar ao sendeiro, o cal a momentos era moi rápido como outros era moi lento, chego ao avituallamento do km 5, despois de adiantar a un par de corredores e sabendo que comeza a segunda parte de carreira, un pouco de chan e a petada da carreira a cal cheguei con forzas para trotar unha boa parte da subida e adiantei a 15 corredores das distintas distancias chegando arriba con confianza, pero con unhas pequenas molestias nos xemelgos e coa información de que cheguei ao avituallamento do km 10 no top 10, solo queda baixar un pouco de pista e un pouco de trialera e finalmente chegada a meta con mareos e sen case saber onde estou.

Verónica Bugliot “Experiencia incrible, ambiente de 10, compañeiras de equipo únicas e carreira moi bonita cun percorrido moi entretido, saín con boas sensacións desde o principio, moi motivada por acadar a mellor posición para puntuar para o equipo”.

Miguel  VázquezNo quecemento xa había sensación de que algo non ía ben pero confirmouse xa nos primeiros 500m que o corpo non quería…moi afogado e co pulso disparado…intentei seguir con bos pensamentos para ver se melloraba a cousa pero ó contrario…sobre o km 12/13 un ataque de tose moi forte que se prolongou decidindo seguir andando ata o km 22 unha vez sabía que os compañeiros ían chegar para poder puntuar no campionato. Decepcionado polo resultado xa que creo que chegaba nun bo momento de forma pero non puido ser.”

Alba Penelas “Carrera moi técnica e montañeira, muscularmente xenerou en min un gran desgaste, sen embargo, unha das carreiras mais fermosas e divertidas. A primeira parte tiña claro que debía apretar, era zona rápida é a mellor para min, cando empezamos a parte técnica sorpréndome a min mesma pois desenvólvome moi ben e nas baixadas adianto a moitas mulleres. Despois do km 18 a zona mellora pero é moi complicado coller velocidade e hai momentos no que me desespero o verme lenta. No km22 empezo a flaquear e no 24/25 quedo sen pernas, pero intento agatuñar  como podo para chegar. Organización de 10, voluntarios super atentos e agradables, ambiente extraordinario. En meta en 3h53′ con un posto 23 na miña categoría e 30 de todas as mulleres. A viaxe cos compañeiros, Luis e Vero incribles, experiencia única, sentinme moi acollida e moi coidada. Sen dúbida superou as miñas expectativas.”

Julia Salvado “La experiencia de correr por primera vez un campeonato de España de CxM me encantó. Estuve con bastantes nervios antes de salir a correr, ya que era la primera vez corriendo a ese nivel y la primera carrera sin mi padre al lado dándome consejos. Las sensaciones en carrera fueron bastante buenas, me sentí con fuerza en las subidas pero con poca experiencia y agilidad en las bajadas más técnicas del recorrido. El único punto malo fue la calor que hizo a la hora que nos tocó salir. Pero por lo de más, estuvo muy bien.”

Samuel Saborido “Sabía que ía moi canso para correr, xa que tivera unha semana dura de traballo, a iso había que sumarlle a viaxe de mais de 10 horas na furgoneta e o sábado no monte cos máis novos da selección. A maiores as poucas horas de descanso e de durmir…pois non era o mellor escenario para que saíse unha boa carreira. Saín controlando, nun ritmo medio cómodo, xa que de non ser así sabía que se me ía facer moi longa. Nos primeiro quilómetro as pernas non me ían moi ben, pero co paso dos quilómetros fun collendo ós meu compañeiros de selección e fun encontrándome mellor.  Despois do cresteo animeime xa que tiña en vista a Elpi e Martín e intentei collelos, pero despois da última petada xa vin que ían un pouco mais fortes que min. Na última baixada, onde podería apretar, a musculatura non mo permitiu, polo tanto so quedaba aguantar e chegar.  Por un lado síntome decepcionado porque quería dar mais, pero certo é que viña dunha lesión de varios meses e o resultado botando a vista atrás non foi nada mal.”

Marcos Naya “A pesar de llegar con muy buenas sensaciones y unas buenas semanas de entrenamiento, ya durante el calentamiento me llamó la atención que el pulso estaba excesivamente alto. Desde el primer momento las sensaciones en carrera fueron malas, como de ir fuera de punto, muy fatigado en las subidas y las piernas torpes en las bajadas. Se confirmó durante esta semana que había algún tipo de virus de por medio ya que aparecieron los típicos síntomas y aún no estoy recuperado. Una pena no poder sacar en esta carrera todo el trabajo y ayudar a los compañeros… pero la experiencia , por todo lo demás, fue genial. Ahora toca recuperarse que en pocas semanas tenemos nueva prueba de Copa de España donde intentaremos resarcirnos y poder darlo todo.”

Yago Abeledo “A fin de semana do campionato de España supón, por unha banda, un premio a todos os días de adestramentos e sacrificios pero pola outra trátase dunha responsabilidade na que a cabeza esixe estar á altura. A convivencia cos meus compañeiros foi o mellor de todo. Sempre compartes charlas tralas carreiras, pero 3 días de coche, hotel e comidas dan para confirmar o boa xente que son. Con todos eles e elas é ben sinxelo conxeniar e conformar ese grupazo de irmandiños que iamos con toda a ilusión do mundo a representarvos a todos vós, as corremontes galegas e os corremontes galegos. Verse na liña de saída cos mellores corredores de cada comunidade é unha pasada, pero tralo pistoletazo de saída todo se volve máis natural; trátase mover as pernas o máis rapidamente posible! Podería entrar en detalles, pero a realidade resúmese nunha carreira preciosa cun terreo variado entre piñeirais, cresteríos, olivais e pista forestal que facían do percorrido unha proba variada, entretida e esixente. Ademais, todo o trazado estaba repleto de xente animando que fixo que a carreira tomase un tinte especial. Notábase que era un campionato de España; nin máis nin menos! E eu formaba parte del; como non ía a correr feliz? Unha vivencia que quedará  para toda a vida.”

Andrea Gómez “Foi unha carreira dura, sobre todo pola calor pero, a pesar do esforzo, as sensacións foron moi boas,  desfrutando do entorno e das boas compañías.”

Daniel Pazó “Una carrera que me sorprendió mucho. Los primeros km en fila india con muy pocas zonas donde poder adelantar, en el km 5 me junté con Miguel, Saborido, Naya y a pocos metros estaba Martín. Llegaba la primera subida potente y yo tenía claro dónde podia o no apretar, así que, los dejo pasar y me engancho a Miguel para no descolgarme demasiado. Cuando coronamos llegaba mi turno, era el momento de apretar, dejo a Miguel atrás le paso a Naya, con muy buenas sensaciones todo parece ir como esperaba. En el Km 13-14 -+ llegó la sorpresa, torcedura de tobillo izquierdo 🤦🏻‍♂️, dos opciones retirarse o intentar acabar, y yo que soy bastante CABEZÓN, me decanto por la segunda opción aunque no debería. Las bajadas casi ando y con mucho cuidado ya que si lo volvía a torcer tendría que parar así que tocaba tirar de paciencia y aguantar el dolor. Resumen de carrera: Carrera bastante dura. No muy contento con el resultado pero orgulloso de haberlo dado todo.”

Xa para terminar destacar a labor de todos e todas, xa que lograron crear un gran equipo, animándose uns ós outros, axudándose en todo o que puideron, dándose consellos entre eles e elas e sobre todo ós mais peques. Sen isto a Irmandiña non sería posible, xa que eles son os referentes e inspiracións dos mais novos. Destacar a gran carreira do noso veterán B, xa que nunca nos defrauda e sempre se trae unha medalla para casa! Gracias por todo EQUIPO E FAMILIA!