Dende a Federación Galega de Montañismo, en reunión de Xunta Directiva do 5 de outubro de 2023,  amosouse á preocupación polo xeito en se está a desenvolver a transición enerxética no noso país e o inminente impacto sobre a paisaxe e os ecosistemas das montañas galegas, xa moi alteradas por instalacións eólicas existentes.

As montañas son o medio onde desenvolvemos a meirande parte das nosas modalidades deportivas e cremos nun xeito respectuoso de facelo, apostando sempre pola súa conservación. Debemos lembrar que as montañas contan con ecosistemas únicos e fráxiles que neste escenario de cambio global corren perigo de transformarse para sempre e desaparecer.

Subliñamos que cumios e cordais cheos de pistas e aeroxeradores desalentan a práctica do montañismo e sendeirismo en toda a súa esencia. E preocúpanos a falta de diálogo e o conflito social que se está a xerar, e a posibilidade de que se estea a infravalorar o seu impacto social, ambiental e sobre a paisaxe.

É por iso que a FGM, con aportacións das súas vogalías, manifestan o seu apoio á campaña “Ti podes paralos” a través dunha doazón conxunta ao fondo común, facendo fincapé na importancia do consenso social para levar a cabo unha transformación do territorio deste tipo.

Tal e como reivindicamos no manifesto do noso 60º aniversario:

“Defendamos as montañas limpas e salvaxes.

Longa vida ao Montañismo, aos/as montañeiros/as e aos montañeses e montañesas,“

(por Antonio Fernández “Cholo”)

https://www.adega.gal/portada.php


Descubre máis desde Federación Galega de Montañismo

Subscríbete para recibir as últimas entradas no teu correo electrónico.

Federación Galega de Montañismo
Resumen de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase na túa navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo a comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.

Maís info sobre a nosa Política de Privacidade