Un días de actividade neste paraíso da escalada de aventura para cerrar o ciclo deste segundo PROGRAMA DE TECNIFICACIÓN DE ALPINISMO co ENAG e, estamos seguros, de que abrirá outra nova xeira de rapaces e rapazas con inquietudes para a tecnificación do alpinismo de calidade en Galicia. O Congost de Montrebei nunca nos deixa indiferentes e xa coñecíamos o seu espírito de terreo adecuado para formar escaladores con oficio. Nesta ocasión tivemos algo de mal tempo o primeiro día e rematamos aproveitando para a escalada deportiva no sector El Molino de Benabarre, vias desplomadas que nos permitirón facer actividade mestres chovía. Ao día seguinte fomos asentarnos na refuxio de Montfalcó para escalar na Parede de Aragón. Formativamente foi unha reunión perfecta para desenvolver todo o aprendido en seguridade sobre terreo de aventura, movéndonos con dinamismo en parede e asentando os conceptos de rapidez e seguridade, buscando certa autonomia, deixando que os membros do Equipo fosen os protagonistas, desenvolvéndose sós con excelente soltura. De volta para Galicia paramos en Riglos para facer unha vía no Cuchillo e continuar a víaxe. Un días de TAPIA moi produtivos nos que escalamos estas vías:

✔ Deportiva no sector el Molino, Benabarre: vías ata 7a+
✔ Puñalada trapera: 265 mts, 6c
✔ De los Niños: 190 mts, 7b
✔ El desliz: 600 mts, 6c
✔ Riglos. Mallo Cuchillo: Cacho a cacho, 6c

Agradecer de novo a TORRE DE NUÑEZ o seu apoio ao ENAG e, por afinidade, a toda a mocidade alpinista galega, que tantos medios precisa e tanto traballo costa desenvolver. Esperamos que moitos destes rapaces e rapazas se animen a participar na próxima convocatoria para formar parte do Equipo de Novos Alpinistas Galegos e que nos gustaria iniciar, se todo sae como esperamos, no mes de xaneiro.