Publicamos os resultados de todas as categorías correspondentes á I Proba Copa Xunta de Galicia en Idade Escolar de Escalada que se celebrou hoxe no Pavillón Municipal Quirós-Sárdoma (Vigo), coa presenza dunha gran cantidade de familiares. Foi unha aposta pola promoción da escalada, nunha disciplina que logrou a categoría de olímpica e na que, ano a ano, vaise incrementando o número de practicantes en Galicia.A próxima semana celebrarase na Coruña o Campionato de Galicia destas categorías, conxuntamente coa segunda proba da Copa Xunta de Galicia de Escalada. A FGM agradece a gran colaboración do Club Montañeiros Celtas na organización desta xornada de escalada realizada na cidade olívica, á vez de felicitar a todos os participantes así como aos seus clubs. Xunta de Galicia Deporte Galego Fedme – Federación Española de Deportes de Montaña y Escalada Federación Galega de Montañismo Club Montañeiros Celt 














Descubre máis desde Federación Galega de Montañismo

Subscríbete para recibir as últimas entradas no teu correo electrónico.

Federación Galega de Montañismo
Resumen de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase na túa navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo a comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.

Maís info sobre a nosa Política de Privacidade