Do 14 ó 16 de abril a Selección Galega de CxM desprazarase ata Rute (Córdoba) para participar no Campionato de España en Liña individual e por Seleccións Autonómicas.

As probas darán comezo o sábado 15 co Campionato de España Individual e por Seleccións Xuvenil e júnior, recorrendo 12,7 km con 790+ e 14 km con 890 + respectivamente.

Será o Domingo 16 cando se enfronten a 28 km con 2000 metros positivos os absolutos para intentar deixar no máis alto a nosa irmandiña e o noso promesa a 23km con 1380 metros de desnivel positivo.

Os representantes nas categorías inferiores e promesa serán:

Xuvenís

  • Julia Salvado Dieguez (Acade). Campiona Galega Cadete 2022
  • Andrea Gómez Tubío (CDM Vértice). 5º Copa de España de CXM 2022.
  • Eloy Martinez Faro (Castelos Trail). Campeón Galego Xuvenil 2023.

Juniors

  • Vicente Agulló de La Fuente (GTR Galaico Trail Run). Campeón Galego xuvenil 2022. Campeón Galego Junior 2023.
  • Carlos Bao (Traileros Toxos e Birras). 2º no Campionato Galego Junior.

Promesa

  • Fabio Gonzalez Iglesias (Asesou). Campión Galego Promesa 2022. Campión Galego Promesa 2023.

Na categoría absoluta serán os seguintes corredores e corredoras os que nos representen:

Elas

  • Silvia Casal (GMTA&Chuvoners). Campiona Galega de CxM no 2022. 2º na Copa Galega de 2022. 3º na Copa de España de CxM de 2022.
  • Cristina Couto (GTR Galaico Trail Run). 1º na Copa Galega de CxM 2022.
  • Patricia Varela (GTR Galaico Trail Run). 3º no Campionato Galego de CxM de 2022.
  • Verónica Bugliot (Os Corzos de Ortegal). 4º na Copa de España de 2022
  • Mari Pombo (CDM Vértice). 2º Campionato Galego de Clubs 2022. 2º Campionato Galego de Clubs 2023.
  • Patri Noya (Tribu Trail). 2º Campionato Galego de Clubs 2023.
  • Alba Penelas (A.D Jarnachas). 1º da primeira proba da Copa Xunta de Galicia de CxM.

Eles

  • Samuel Saborido (Tribu Trail). Campión Galego de CxM no 2022.
  • Elpidio Gómez (Castro Trail). 2º do Campionato Galego de CxM 2022.
  • Miguel Vázquez (Traileros Toxos e Birras). 3º do Campionato Galego de CxM 2022.
  • Daniel Pazó (Atletismo Baiona). 1º da Copa Galega de CxM de 2022.
  • Marcos Pascual (Castro Trail). 2º da Copa Galega de CxM de 2022.
  • Marcos Naya (Traileros Toxos e Birras). 1º Campionato Galego de Clubs 2022. 3º Campionato Galego de Club de 2023.
  • Iago Abeledo (CDM Xesteiras). 2º Campionato Galego de Clubs 2023. 3º Veterán A Copa de España de 2022.