986 20 87 58

¡Chámanos!

VIGO

Rúa Fotógrafo Luis Ksado nº17 - of. 10 - 36209

María Pilar Martínez e Alberto Fidalgo, campións de Galicia absolutos de Marcha Nórdica no circuito da Torre de Hércules

Había moita expectación posta no campionato de Galicia de Marcha Nórdica, conxuntamente ao IV Trofeo Marcha Nórdica Cidade da Coruña disputado onte domingo nun circuíto que, aínda que duro, foi do agrado xeneral dos participantes, así como tamén do público, xa que permite o seguimento dos marchadores, practicamente en calquera punto do percorrido.
A organización que recaeu na Federación Galega de Montañismo e o Club de Marcha Nórdica da Coruña, con apoio do resto de clubs da cidade herculina, desenvolvera un enorme traballo nos últimos meses, conscientes de que a marcha nórdica galega atópase en pleno auxe e o esmero para ofrecer o mellor escenario posible aos participantes foi máximo. Tanto os marchadores e marchadoras agradecérono. E fixérono ofrecendo espectáculo e malgastando un esforzo xeneroso, sabedores de que as medallas non se regalan e que o nivel segue subindo en todas as categorías.
Pola súa banda, o colectivo arbitral estivo moi pendente de facer cumprir o regulamento. Esa é a súa función e así debe ser. Por iso en momentos precisos coincidiron varios deportistas no Stop and Go, coa mirada posta na pantalla de leds habilitada pola organización.
Tanto os homes como as mulleres afrontaron unha distancia próxima aos 15 kms. Tras a saída, subida obrigada á Torre de Hércules, patrimonio mundial. Unha homenaxe merecida ao Faro máis antigo da Humanidade, en activo. Despois os camiños serpenteantes de terra acolleron, aínda que xa había diferenzas notables entre os deportistas, ao grupo moi fragmentado. Notouse que era a proba mais importante da tempada, e tanto en homes como en mulleres a loita por subirse ao podio absoluto e por categorías foi moi dura, con alternancia nos postos, ata o punto que a meirande parte das medallas decidíronse nos últimos 5 km.
Tanto en homes como en mulleres formáronse dous grupos que deseguido puxeron metros polo medio co resto de competidores. Nas mulleres o grupo no que se atopaban as tres vencedoras finais xunto con Naza Tilve (que finalmente se retirou da proba) mantivéronse xuntas as dúas primeiras voltas e na terceira Yulia, marchadora Ucraína do Club Marcha Nórdica Coruña, separouse do grupo decidíndose a segunda e terceira praza por segundos entre as marchadoras do CdM Xesteiras María Martínez e Ana Dasilva.
En homes o cuarteto inicial estaba formado por Alberto Fidalgo, Luís Alberto Xusto e Jose Manuel Iglesias Siso do Club Marcha Nórdica Coruña xunto con Héctor Vázquez do Cdm Xesteiras. Non foi ata os últimos quilómetros nos que Alberto Fidalgo e Héctor Vazquez abriron oco. Na última volta Alberto soltou a Héctor e entrou en primeira posición seguido de Siso, Hector e Luís. Unha penalización nos últimos metros fixo que Héctor estivese dous minutos parado o que o relegou finalmente ao cuarto posto. En definitiva, un bo campionato de Galicia e IV Open Ciudad da Coruña que permitiu ao seleccionador, José Manuel Iglesias Siso, segundo na clasificación absoluta e campión na Veterana B, configurar o combinado que representará a Galicia no próximo campionato de España (Sevilla) o 1 de outubro.
A presidente da Federación, Xosefina Maestu, que tamén participou nunha das marchas, enxalzou a importancia deste evento, poñendo en valor o gran nivel dos participantes e o gran apoio recibido polo concello coruñés, que estivo representado na entrega de medallas polo seu concelleiro de deportes, Manolo Vázquez. A presidente tamén tivo palabras elogiosas cara ao Club de Marcha Nórdica Coruña, ao cabo vencedor tanto na categoría masculina como feminina, no Campionato de Galicia de clubs, á vez que para o resto de clubs coruñeses que tamén colaboraron en tarefas organizativas.
Un paso máis cara a novos retos que a Federación Galega de Montañismo ten pendentes, como sucede co pretendido Campionato de España de Marcha Nórdica por clubs para o 2024. Sobre todo, tras o gran éxito organizativo e deportivo do Nacional Escolar de Escalada deste ano. As felicitacións da FGM a todos os participantes, deportistas e clubs, en especial ás mulleres e homes que integraron cada un de os podios
 

Suscríbete para estar al tanto de las noticias de la FGM

Responsable: Josefina Maeztu. Finalidad: Prestarte el servicio solicitado y contestar a las cuestiones planteadas Legitimación: Consentimiento del interesado aceptando la política de privacidad.
Destinatarios: Los datos no se cederán a terceros salvo en los casos en que exista una obligación legal. Derechos: Acceder, rectificar y suprimir los datos, como se explica en la información adicional.

Sign Up for Our Newsletter

Get weekly email containing tips about construction and everything relating with it

Zero spam. You can unsubscribe anytime

Skip to content