O sábado día 15 de abril na cidade de Almería, celebrouse o  Campeonato de España de Clubs de Marcha Nórdica  no que participou o Club Marcha Nórdica A Coruña como único representante galego.

Foi un día moi especial no que 11 competidores cruzaron España, ata o punto máis lonxe da Coruña que hai no mapa, para participar no Campeonato de España Iberdrola de Clubs Fedme de Marcha Nórdica, en Almería. Despois de que o ano pasado o Club de Montaña Xesteiras foxe o primeiro equipo masculino en participar nun campeonato de España (este ano non puideron participar) este ano o club da Coruña deu un paso mais participando cos dous equipos masculino e femenino, converténdose no primeiro equipo femenino en participar.

Foi unha proba marcada polas duras condicións climáticas, tendo que competir a 34 grados de temperatura. Destacar que todos os membros do equipo puideron rematar sen ningunha eliminación acadando un hito clasificando os dous equipos entre os dez mellores de España.

  • 10° posto Categoría Feminina.
  • 6° posto Categoría Masculina.

Sen dúbida a marcha nórdica de competición en Galicia segue a medrar en cantidade e en calidade e xa todos están a preparar a segunda proba da Copa Xunta de Galicia que terá lugar en Santiago de Compostela organizada pola Federación Galega de Montañismo e o club Vía Láctea.


Descubre máis desde Federación Galega de Montañismo

Subscríbete para recibir as últimas entradas no teu correo electrónico.

Federación Galega de Montañismo
Resumen de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase na túa navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo a comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.

Maís info sobre a nosa Política de Privacidade