A escalada volve o mais alto coa finalización da Copa de España unha vez rematada a 3° e derradeira proba do circuito en Indoorwall Getafe. Os nosos deportistas galegos foron quen de acadar dous Subcampionatos a nivel nacional nas categorías sub-20 e sub-18, elevando así unha vez mais o noso listón en competicions estatais e demostrando ano tras ano a nosa progresión neste deporte no cal fai escasos anos non tíñamos nin presenza.

Nas clasificatorias, dous dos tres representantes obtiveron acceso as finais acadando postos de podio na proba e posicionándose entre os mellores do circuito estatal.

En Sub14 Tiago Carballo estrenábase neste circuito coa intención de acadar experiencia e deu mostras da súa progresión, pese o cal, non conseguiu estar cerca das finais, acadando o 19° posto nunha das categorías mais numerosas.

Na categoría Sub18 o seu irmá Xavier Carballo acadou finalmente o podio da proba cunha 3° posición nunha das categorías mais reñidas, e alzándose na clasificación xeral co Subcampionato de España, revalidando deste xeito o acadado o ano pasado na categoría sub16. Increible a traxectoria deste deportista o cal leva obtindo postos de podio nacionais en todas as categorías nas que leva participado desde o seu debut na sub-14.

E xa por último, na categoría Sub20 a deportista Araceli Vale conseguiu dominar a proba alzandose coa 1° posición e acadando na xeral da Copa o Subcampionato de España. Sen dubida, algo moi meritorio o acadado por esta deportista e que confirma o excelente estado de forma que atravesa nesta temporada.

Resultados da 3° proba por categorías:

➡️ Sub 14: Tiago Carballo (1️⃣9️⃣º)

➡️ Sub18: Xavier Carballo (3️⃣º)

➡️ Sub20: Araceli Vale (1️⃣º)

Grazas os patrocinadores:
@lendapetfood
@taladrando_com
@pieponteen


Descubre máis desde Federación Galega de Montañismo

Subscríbete para recibir as últimas entradas no teu correo electrónico.

Federación Galega de Montañismo
Resumen de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase na túa navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo a comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.

Maís info sobre a nosa Política de Privacidade